Friday 22 de November de 2024

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas a partir do 1 de xuño


Os veciños xa poden tramitar a renovación ou adquisición de novos carnés de socio a través da web municipal

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas para a campaña de verán 2016 o próximo mércores 1 de xuño. Unhas instalacións que estarán abertas todos os días da semana en horario de 11:00 a 21:00 horas. Paralelamente, o Concello de Oroso abre o prazo para solicitar ou renovar os carnés de aboanados.

Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos. Así os veciños e veciñas empadroados en Oroso terán un desconto de 7 euros sobre a tarifa xeral: 17 euros (de 4 a 16 anos) e 25 euros (maiores de 16 anos). As persoas non empadroadas terán unha cota de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Así mesmo, haberá un desconto do 20% para familias numerosas.

O prezo das entradas será de 1,5 euros (de 4 a 16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos). Os veciños e veciñas interesados en tramitar o carné de socio deberán presentar a solicitude e abonar as cuotas on-line a través da páxina web municipal (www.concelloooroso.com). Para iso, deberán achegar xustificante do pago das taxas correspondentes e do carné de familia numerosa, se fose o caso. A maiores, as novas altas deberán achegar unha foto tamaño carné.