Dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 16 anos, terá lugar do 6 ao 31 de xullo, coa posibilidade de anotarse en semanas soltas
A Fundación Celta de Vigo e a Escola Deportiva Xuventude Oroso, en colaboración co Concello de Oroso, celebrarán do 6 ao 31 de xullo unha nova edición do seu campus de fútbol, que canda a formación en fútbol inclúe tamén a posibilidade de participar en actividades extra como rutas de sendeirismo, visitas a Balaídos, as instalacións deportivas da Madroa ao ao aquapark de Cerceda, así como a práctica doutras modalidades deportivas: pádel, tenis de mesa, taekwondo, fútbol praia…
O campus está aberto a todos os nenos de entre 4 e 16 anos que o desexen, se ben os empadroados en Oroso ou que formen parte da ED Xuventude Oroso teñen dereito a unha rebaixa de 20 euros sobre a tarifa oficial. As follas de inscrición poden recollerse no Centro Deportivo de Sigüeiro, na web municipal (www.concellooroso.com) ou a través da ED Xuventude Oroso (www.xuventudeoroso.com). O prazo de inscrición remata o 1 de xullo.
Prezos
As familias poderán optar por matricular aos cativos por semanas soltas e de elixir entre dúas modalidades: matinal (de 10:00 a 14:00 horas) ou completa (de 10:00 a 18:00 horas). As tarifas xerais son: 120 euros (matinal) ou 170 euros (completa sen xantar) e 190 euros (completa con xantar). Se a inscrición é por dúas semanas, os prezos son de 160 euros, 210 euros e 250 euros, respectivamente. Se a anotación é por tres semanas, as cotas de inscrición son de 190 euros (matinal), 240 euros (completa sen xantar) e 300 euros (completa con xantar). Por último, o custe polas catro semanas é de 220 euros, 270 euros e 350 euros, respectivamente.
Os nenos e nenas empadroados en Oroso terán un desconto de 20 euros en cada un destes prezos. Ademais, haberá descontos por un segundo irmán e a inscrición inclúe unha equipación Adidas da Fundación Celta de Vigo. Durante as mañás, os rapaces vivirán concentrados coma nun equipo de fútbol, mentres que pola tarde haberá distintas actividades de ocio: multideporte, piscina, pádel, charlas e proxeccións, rutas de sendeirismo, aquapark e unha visita ás instalacións do Celta de Vigo na Madroa e un tour polo estadio de Balaídos.