O Concello de Riveira vai ser escenario no próximo mes de xuño dun curso básico de atención xeriátrica no domicilio: unha acción formativa gratuíta para o emprego encamiñada a proporcionar coñecementos básicos, ferramentas e habilidades destinadas a afrontar as dificultades diarias das persoas coidadoras.
O curso está organizado por H+D (Fundación Humanismo y Democracia) coa colaboración do Concello e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Desenvolverase do 6 ao 21 de xuño entre as 10 e as 13 horas nas aulas municipais da rúa Cristóbal Colón (36 horas de duración).
Está destinado a persoas desempregadas e en especial a persoas inmigrantes e emigrantes retornados. Hai 25 prazas convocadas.
As inscricións pódense facer no Departamento de Servizos Sociais situado na praza 8 de marzo (número 981 874 131 / email servizossociais@riveira.com).