O Concello de Ordes vén de rematar os cursos de fotografía dixital que ao longo dos vindeiros meses se viñeron impartindo dentro de seu circuíto cultural e deportivo. Preto dunha trintena de alumnos e alumnas adquiriron coñecementos de composición fotográfica e sobre o uso e manexo da cámara e das ferramentas informáticas máis habituais. Como despedida moitas e moitos deles participaron na elaboración dun divertido fotomontaxe coa axuda de Xosé Rivera, encargado de impartir as clases.