Saturday 16 de November de 2024

Deron comezo as clases do Conservatorio de Melide cunha matrícula de preto de 150 alumnos e 15 profesores


 

Unha institución que cumpre 24 anos adicados á música, o que demostra que o esforzo económico do Concello de Melide valeu a pena

 

De moitos anos de traballo nace o coro xuvenil, a orquestra xuvenil, a banda e a orquestra sinfónica.

Comezou o curso académico do Conservatorio de Música de Grado Medio de Melide, cunha matrícula de 150 alumnos e 15 docentes.

Neste curso hai que destacar que a corda ten un gran éxito, sendo esta disciplina moi escasa no resto de Conservatorios galegos.

A música moderna, a gaita e o acordeón son as disciplinas incorporadas máis recentes. As clases distribuiranse ao longo da tarde e habilitaranse os espazos necesarios para os ensaios e para impartir as clases no Edificio Multiusos da vila.

A esta oferta musical tamén se lle engade a Escola de Música e Danza tradicional cun total de 29 alumnos/as nas diferentes disciplinas ofertadas. Os docentes son persoas de recoñecido prestixio profesional, como é o caso de Ana Belén Fernández Lavandeira, bailarina profesional de Xacarandaina quen impartirá baile galego e pandeireta; Jorge Miguel Vázquez Castro pertencente tamén a mesma formación de música tradicional será o encargado das disciplinas de gaita e percursión; por último, Alejandro F.Fente Balsa, mestre e músico de acordeón, que ven participando en diferentes asociacións tradicionais dende finais dos anos 90.