Santa Uxía de Riveira, 14 de marzo de 2016.- O Concello de Riveira informa de que foi adxudicada en xunta de goberno local adquisición mediante renting dun vehículo tipo turismo destinado á Policía Local conforme ao expediente de contratación pública desenvolvido.
A oferta adxudicada recaeu en Autos Iglesias e o importe foi de 51.981 euros, IVE incluído.
O proceso de contratación inclúe tamén a adquisición como segundo lote dunha furgoneta, aínda non adxudicada.