Thursday 21 de November de 2024

O Mesón de Deus consegue un novo título da Liga de fútbol sala de Ordes e o Alpa Ordes a Copa e a I Supercopa


Esta fin de semana o Jogafán Ordes Fútbol Sala celebrou a súa festa de despedida de tempada cunha gran churrascada na que participaron xogadores, socios e afeccionados. Un acto que coincidiu coa celebración de numerosos partidos e coa ansiada final da Copa e da I Supercopa da Liga de Ordes. No caso desta última foi para o Alpa Ordes, quedando de subcampións os do Mesón de Deus. Este ano o equipo gañador da Copa foi o Alpa Ordes, quedando o Mesón de Deus como subcampión. Rubén Rodríguez, xogador do Alpa Ordes, foi o máximo goleador desta proba.

O primeiro clasificado da Liga foi o Mesón de Deus seguido do Alpa Ordes e do KHT Ordes, en segundo e terceiro lugar respectivamente. O máximo goleador da Liga foi Daniel García, do Alpa Ordes. O Peluquería Luis Alejandro alzouse co premio ao equipo máis deportivo, sendo Junior Vázquez (do Mesón de Deus) o mellor xogador. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, foi o encargado de entregar todos os trofeos e galardóns.