Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Ordes baixa o pano das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas coa representación da obra ‘Pavillón Lino’


O Concello de Ordes celebrou ao longo da fin de semana diversos actos cos que conmemorou a figura de Manuel María Fernández Teixeiro, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. A biblioteca de Ordes recibiu a visita do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, que ofreceron o seu espectáculo musical ‘O gaiteiro cabezudo’. Por outra banda a veciñanza de Ordes tamén tivo ocasión de desfrutar do último proxecto de Caramuxo Teatro, que leva por título ‘Pavillón Lino’. Para a posta en marcha deste programa, ao que tamén hai que engadirlle a mostra que acolleu a biblioteca municipal sobre a vida e obra de Manuel María Fernández Teixeiro, o Concello de Ordes conta coa colaboración e o financiamento da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, a través dos seus programas Ler conta moito e DAC_EstadíasColón.