A Banda Isabel II de Touro foi a protagonista onte domingo na Casa da Cultura de Touro. Numeroso público abarrotou a sala de concertos para asistir ao concerto en conmemoración do Día das Letras Galegas que este ano homenaxeou ao poeta Manuel María. A formación musical, integrada tamén por músicos novos, interpretou dende as 17.30 horas pezas tradicionais ante o público que se achegou ata o novo edificio cultural. Os aplausos foron unánimes entre os veciños e forasteiros, que coincidiron en destacar a calidade do concerto. A Banda Isabel II de Touro, unha das máis activas da comarca, participa ao longo do ano na vida cultural do Concello.