En xuño comezará a roza de parroquias completas, que se extenderán durante todo o ano ata completar os 600 kms da rede viaria municipal
O Concello de Frades está a rematar a primeira fase dos traballos de desbroce dos máis de seiscentos quilómetros que compoñen a súa rede viaria municipal. Os traballos comezaron a realizarse o pasado 26 de abril, con dous tractores a xornada completa que a día de hoxe xa levan desbrozado máis de 100 quilómetros de estradas.
“Nesta primeira fase estamos a desbrozar as estradas principais de Frades, así como aqueles lugares onde se van celebrar as primeiras festas deste ano”, explica Manuel Ferreiro, concelleiro de Limpeza Viaria, quen adianta que “unha vez que rematemos coas pistas de aglomerado, no mes de xuño comezaremos a facer parroquias completas”. Estes traballos de roza estenderanse durante o resto do ano, ata limpar así os case seiscentos quilómetros de rede viaria municipal do concello de Frades.