Friday 22 de November de 2024

O cruceiro de Calvos, que data do ano 1863, xa está restaurado


O cruceiro xa luce na explanada próxima a igresa de San Martiño de Calvos de Socamiño tras ser reparado ao sufrir o impacto dun camión facendo unha maniobra

O Concello de Touro restaurou o cruceiro de Calvos de Socamiño, que data do ano 1863, e que está ubicado nas proximidades da igrexa de San Martiño. Fai algo máis dun ano, concretamente en marzo de 2015, un camión facendo unha maniobra tirou o cruceiro situado nunha pequena explanada moi próxima á igrexa parroquial de San Martiño de Calvos de Socamiño, no Concello de Touro. O cruceiro, ao caer ao chan polo impacto do camión, rompeu en varios pedazos. A aseguradora do camión físoxe cargo da restauración da peza de granito, que correu a cargo da empresa especiallizada TAU Restauración. O proceso de restauración, aprobado por Patrimonio en decembro do ano pasado, presicou dun total de 4.980 euros sen IVA. Tras varios meses de traballos, o cruceiro colocouse fai uns días no seu lugar. Gracias á restauración non se perciben as sinais do impacto. A cruz do cruceiro que xa luce en Calvos de Socamiño é de sección circular e leñosa e presenta as figuras de Cristo crucificado no anverso e da Virxe Dolorosa no reverso. O capitel é de forma cuadrangular, moldurado e forma unha peza co conxunto escultórico. O fuste é de sección octogonal terminando cadrado para introducirse nun pedestal de forma cúbica rematado con molduras e paramentos rectangulares. Éste apóiase sobre unha plataforma rectangular de dous peldaños. O Concello de Touro, que seguiu todo o proceso, mostra a súa satisfacción polo arreglo do cruceiro e destaca que os veciños e veciñas da parroquia de Calvos xa poden seguir admirando conservado o seu patrimonio artístico.