Thursday 22 de October de 2026

Bergondo inicia os traballos para crear un paso seguro para peóns desde o aparcamento da praia de Gandarío ata Moruxo


· Este proxecto foi a proposta gañadora do proceso de Orzamentos Participativos para 2026 e conta cun orzamento de 100.000 euros.

· Acondicionarase a marxe esquerda, conectando co itinerario peonil existente en Moruxo, e instalaranse pivotes para evitar estacionamentos indebidos.

O Concello de Bergondo iniciou esta semana os traballos para prolongar o itinerario peonil desde o aparcamento da praia de Gandarío ata Moruxo, unha proxecto que nace da proposta gañadora do proceso municipal de Orzamentos Participativos para 2026 e que conta cun orzamento de 99.851,21 euros.

Os traballos implican o acondicionamento da marxe esquerda da estrada municipal en Gandarío, unindo as beirarrúas existentes en Moruxo ata ata o acceso ao aparcamento da praia, conectando tamén co itinerario peonil que comunica co areal.

Ademais, instalarase unha nova rede de pluviais, substituíndo as cunetas en terra actuais, e colocaranse pivotes para evitar estacionamentos indebidos.

Este proxecto súmase á actuación, en fase de contratación, para renovar por completo o paseo da praia. Esa obra, que conta cun orzamento de 514.998 euros e está cofinanciada a través do Plan Único da Deputación dá #o Coruña, inclúe, entre outras accións, a substitución da pasarela de madeira por unha de obra pavimentada con baldosa hidráulica que aumenta a súa durabilidade.

Deja un comentario