Wednesday 21 de October de 2026

Preto de 250 persoas enrólanse nas actividades de “Nedactívate” no arranque deste curso


Un total de 243 persoas participan desde mediados de setembro nas distintas escolas deportivas e de benestar do Concello de Neda. A oferta municipal incluirá ata xuño unha decena de propostas diferentes para fomentar a actividade física e vida saudable, ás que compre engadir as de estimulación cognitiva que, manteñen o prazo de inscrición ata completar as contadas vacantes que quedan.

As actividades deportivas, destinadas a combater o sedentarismo entre a poboación adulta, que se ofrecen tanto no centro cívico, en horario de mañá e de tarde, como na casilla do Puntal, constitúen o punto forte do programa Nadactívate. Non obstante, a oferta inclúe ademais clases infantís de patinaxe no Roxal. En total, unha trintena de horas semanais de actividades.

O pilates, que medra ano a ano e suma na actualidade 59 alumnos, repartidos en tres grupos, emerxe como a actividade deportiva de maior demanda, seguida por ioga, con 42 participantes e dous grupos, e ximnasia de mantemento con 25. Con todo, outras propostas como ximnasia terapéutica e zumba superan a vintena e ben preto están as sesións adestramento dirixido no ximnasio.

Actividades de benestar social

Pola súa banda, as propostas de estimulación cognitiva, destinadas a adestrar a mente e fomentar a relación social, suman no arranque de curso case trinta maiores. Neste caso, a pesar da boa acollida brindada, queda algunha vacante tanto nun dos talleres de memoria, que se imparten na biblioteca, como no obradoiro de Mentes activas (O Puntal). Para anotarse, cómpre dirixirse ao centro cívico en horario de 9:30 a 12:30 h dos días lectivos.

Deja un comentario