O investimento supera os 70.000 euros ao abeiro do POS+2025
O goberno municipal de Ribeira continúa traballando na mellora de servizos básicos e nesta semana comezaron as obras para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Muíños, na parroquia de Oleiros. A concelleira de Obras, Herminia Pouso, e o seu homólogo de Xestión e Relacións Veciñais no Medio Rural, Eladio Muñiz, desprazáronse ata o lugar para comprobar o inicio dunha intervención que completará a dita rede no núcleo poboacional ao abeiro do POS+2025.
En consecuencia, demolerase o pavimento existente e colocarase a tubaxe ao longo de 421 metros, ademais de 12 pozos de rexistro, para rematar coa reposición do firme con mestura bituminosa en quente de 6 cm de espesor. A empresa Nemesio Ordóñez, S.A. é a encargada de efectuar estes traballos por un importe total de 70.743 euros, IVE incluído, ao longo de tres meses.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.