O acto terá lugar o mércores 21 de outubro no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19:30h
O Concello de Ribeira organiza a charla «Compostaxe doméstica e comunitaria», unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar os residuos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no Centro Cultural LustresRivas. Durante a sesión abordaranse as posibilidades da compostaxe tanto no ámbitodofogar como nos espazos compartidos, unha práctica que contribúe a reducir acantidade de residuos, a mellorar a xestión da materia orgánica e a obter un recursoútil para hortas e xardíns. Con esta iniciativa, o Concello de Ribeira continúa a promover hábitos sostibles entrea cidadanía e a fomentar a participación na economía circular a nivel local. A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2027, e estácofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional (Feder), Programa Galicia Feder 2021-2027.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.