Monday 19 de October de 2026

Neda proxecta este mércores “Lo que queda de ti” dentro do IX Ciclo nacional Cine y Mujeres Rurales


A Casa da Cultura de Neda acolle este mércores, 21 de outubro, a proxección do filme “Lo que queda de ti”. Trátase da primeira das dúas películas do IX Ciclo nacional Cine y Mujeres Rurales, que impulsa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que se poderán ver na vila na segunda quincena de outubro.
“Lo que queda de ti”, con guión e dirección de Gala Gracia, está protagonizada por Laia Manzanares e Ángela Cervantes. A película, que se proxectará a partir das 20:00 horas, parte dunha experiencia persoal vencellada á morte do seu pai a ao regreso ao pobo para facerse cargo dunha granxa familiar.
Así, o filme segue a Sara, unha moza que debe decidir entre continuar coa súa carreira como pianista de jazz en Nova York ou asumir o coidado da explotación gandeira herdada. Trátase pois dun relato íntimo sobre o arraigo, a culpa, e as responsabilidades familiares, que retrata o esforzo das labores gandeiras e a dificultade de elixir que lugar ocupar fronte a herdanza.
Neda sumase por segundo ano a este ciclo de cine, que convida a reflexionar sobre o papel vertebrador, social e económico que teñen as veciñas no mundo rural. A entrada é de balde.

Deja un comentario