O Concello de Cambre saca a licitación a obra principal do Plan de Obras e Servizos provincial que conta cun orzamento de 203.544,91 euros e que ten por obxecto mellorar a rede viaria nas parroquias de Cecebre, Bribes, Sigrás e Cambre coa renovación de firmes que se atopan en mal estado. En concreto mellorarase o pavimento nos lugares de Lendoiro (Cecebre), Sobreguexe (Cecebre), Peiraio (Bribes), Cabana-Pontido (Sigrás) e Socampo (Cambre).
As obras consisten esencialmente na renovación de firmes: a nivelación extensión e compactación con material de achega e zahorras nos camiños que na actualidade non están pavimentados, a extensión de aglomerado sobre firme existente, fresado nalgúns casos, mesmo regularización, recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas, e a apertura e limpeza de camiños e cunetas.