O Concello organiza este venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, un concerto de Manuel Gerena no auditorio da Fábrica, en Perillo. O acceso será libre e gratuíto para que todas as persoas interesadas en asistir poidan gozar da voz e da forza expresiva dun dos grandes referentes do flamenco comprometido.
Manuel Gerena é un cantaor, poeta e compositor andaluz que destacou desde os anos sesenta e setenta por vincular o flamenco coa poesía, a liberdade e a denuncia das inxustizas sociais. A súa traxectoria está marcada polo compromiso coa clase traballadora, a defensa dos dereitos humanos e a reivindicación da liberdade, convertendo a súa música nunha forma de expresión artística e tamén de conciencia social contra o franquismo.
Ao longo da súa carreira, Gerena mantivo unha estreita relación coa poesía e coa tradición popular andaluza, construíndo un estilo propio no que o cante flamenco se pon ao servizo da palabra, da memoria e da dignidade das persoas.
O concerto ofrece unha oportunidade para achegarse á obra dun artista cunha longa traxectoria e cunha personalidade musical marcada pola autenticidade e o compromiso.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.