Para conmemorar que o pasado día 18 foi o día internacional dos museos, o sábado 21 de maio ás 17:00 terá lugar unha exposición sobre diferente armamento e indumentaria romana a cargo da Asociación Histórico – Cultural e Deportiva de Recreadores de Galicia no Museo Xacemento Romano de Cambre. Ademais, as persoas que se acheguen á exposición, poderán fotografarse con distintas caracterizacións da época romana.
No museo de Cambre continua a exposición de vestimenta castrexa e romana, no horario habitual.