Friday 16 de October de 2026

Chamamento á prudencia baixo a ponte do tren en Cortiñan


O goberno de Bergondo, da man do Concelleiro de Infraestructuras e voceiro de Alternativa, Juan Fariña, advirte do perigo de cruzar baixo a ponte do tren na DP0105 no lugar de A Fraga en Cortiñán.

A alerta activouse co desprendementos de cascotes dende o alto do taboleiro da ponte, co risco que supón para as persoas usuarias da vía, principalmente peóns.

O Concelleiro de Infraestructuras e voceiro de Alternativa, Juan Fariña informou oficialmente da circunstancia tanto a ADIF como á Deputación da Coruña sen que, polo de agora teñan adoptado ningunha medida ao respecto.

Desde Alternativa esiximos ás administracións competentes que afronten con seriedade este problema e que se apliquen medidas urxentes. “Xa é un paso perigoso, sobre todo para os peóns. Agora moito máis, se ademais corren o perigo de que lles caia algo na cabeza”, advirte Juan Fariña.

Deja un comentario