Friday 16 de October de 2026

Contratadas as obras de construción de gradas no Campo de fútbol do Redondo por 1,5 millóns


Antes de finalizar o ano comezarán as obras de mellora do Campo Municipal do Redondo, en Montrove. O Concello acaba de contratar por 1.579.019 euros a construción dunha nova bancada cuberta e novos vestiarios para modernizar esta instalación deportiva.

As novas infraestruturas mellorarán as condicións de uso para os xogadores e xogadoras do Atlético Perillo e do Unión Campestre, que desenvolven habitualmente a súa actividade neste campo, ofrecendo un espazo máis cómodo, funcional e adaptado ás súas necesidades.

Con esta obra, o Concello continúa impulsando a mellora da rede de instalacións deportivas municipais, favorecendo a práctica do deporte de base e ofrecendo espazos de maior calidade para a veciñanza.

Deja un comentario