Os veciños/as de Neda que teñan en propiedade tractores con ou sen remolque e outro tipo de maquinaria agrícola, de obras e servizos poderán pasar a Inspección Técnica de estes vehículos no municipio a última semana de novembro. O día 26 dese mes, de 09:00 a 13:30 horas, a 18.00 horas, a unidade móbil 11 da ITV instalarase na contorna do local social de Anca.
Segundo apuntan dende Supervisión y Control (SYC Applus+), concesionaria do servizo, as persoas interesadas en realizar no municipio a revisión dos seus vehículos agrícolas ou de obra poderán pedir cita previa dende 30 días antes, chamando ao teléfono 981928080 ou no apartado específico da web www.sycitv.com.
A visita da ITV móbil facilita que este tipo de vehículos, cuxa velocidade limitada e restricións de circulación complican os desprazamentos longos por vías públicas, poidan cumprir coa obriga de pasar a revisión. Permite, polo tanto mellorar a seguridade viaria e, ao tempo, protexer o medio ambiente.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.