Wednesday 14 de October de 2026

Alumnado do IES Agra de Leborís participa na actividade “Unha historia da diversidade na historia da arte”


Impartida por Carmen Granxeiro, enmárcase na campaña ‘De fronte á violencia de xénero’ da Deputación da Coruña.

A Casa da Cultura da Laracha acolleu onte a actividade ‘Unha historia da diversidade na historia da Arte’, impartida por Carmen Granxeiro e dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato do IES Agra de Leborís.
Na sesión participaron un total de 48 estudantes, 27 alumnas e 21 alumnos, que tiveron a oportunidade de achegarse á diversidade a través da historia da arte.

Tratouse dun percorrido interactivo dos visionados de obras de arte, as narracións biográficas e os xogos de descuberta que mostra a historia da arte diversa e habitualmente descoñecida para o grande público.

Esta iniciativa forma parte da campaña ‘De Fronte á Violencia de Xénero’, promovida pola Deputación da Coruña, que impulsa actividades de sensibilización e reflexión arredor da igualdade e da prevención da violencia de xénero.

Deja un comentario