A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade organiza a sesión Alimentación e hábitos saudables: nutrición práctica na menopausa, dentro da programación arredor do Día da Menopausia.
A actividade celebrarase o luns 19 de outubro, ás 19.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, e estará impartida pola nutricionista Mª Sol Pérez Iglesias. A proposta busca achegar información práctica sobre alimentación e hábitos saudables nesta etapa da vida, nun formato de educación para a saúde comunitaria.
A sesión presencial terá unha duración de 75 minutos e un aforo máximo de 60 participantes. Como apoio aos contidos abordados, as persoas asistentes recibirán unha infografía resumo elaborada para a actividade.
Con esta iniciativa, o Concello pretende contribuír a dar visibilidade á menopausa e facilitar o acceso a información que axude a comprender esta etapa e a coidar o benestar.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no formulario inferior.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.