Sunday 24 de November de 2024

O Concello de Oroso programa “Bibliocanto”, un obradoiro para que os máis pequenos se acheguen ao cancioneiro tradicional galego


O Concello de Oroso organiza mañá xoves 19 de maio, ás 19:00 horas, o obradoiro “Bibliocanto”, una iniciativa que pretende achegar aos nenos e nenas ao cancioneiro tradicional galego, saboreando ditos, recitados e cancións. Un obradoiro gratuíto, incluído na programación da Semana das Letras Galegas do Concello de Oroso, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro e para o que é preciso anotarse previamente na propia biblioteca ou no teléfono 981 690 903.

Para o venres 20 de maio queda unha sesión especial de monicreques a cargo de Títeres Cascanueces, que porá en escena “Barriga verde”, do poeta Manuel María, a quen están dedicadas as Letras Galegas deste ano. A cita é ás 18:00 horas no centro cultural de Sigüeiro. Asistencia libre e de balde.