O Concello de Neda outorgou nos primeiros nove meses do ano un total de doce axudas á natalidade. A subvención municipal busca apoiar ás familias que apostan pola vila como escenario para a crianza dos seus fillos ou fillas nacidos, adoptados ou en situación de acollemento previo ao longo do 2026.
Con este apoio económico de pago único, cun importe de 300 euros (600 euros no caso de menores con algún tipo de discapacidade), a administración local agasalla aos proxenitores nedenses que inscriben no padrón municipal aos seus descendentes, aliviando os gastos derivados dos primeiros meses de vida ou da chegada ao fogar.
A solicitude para beneficiarse desta liña de axudas, para a que se reservan 6.000 euros no orzamento municipal deste exercicio, debe presentarse no prazo máximo de tres meses “dende que se produza o nacemento, ou que se notifique a resolución xudicial ou administrativa de acollemento ou adopción”.
Co obxectivo de contribuír a fixar poboación, esixirase que os dous proxenitores estean empadroados en Neda e que, cando menos, un deles leve seis meses. Ademais, deben asinar o compromiso de manter o empadroamento en Neda da familia durante un período mínimo de catro anos.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.