Friday 22 de November de 2024

Protección Civil realiza un simulacro de incendio no Centro de Formación Ocupacional


 

Foi organizado pola Axencia de Desenvolvemento e Emprego

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre levou a cabo no Centro de Formación Ocupacional do Polígono de E. Santo un simulacro de incendio para comprobar a operatividade do plan de evacuación e protocolos dispostos polo Concello no Centro formativo local. O simulacro comezou sobre as 11:00 horas, e consistiu en simular unha explosión na aula de novas tecnoloxías onde nese momento se levaban a cabo tarefas formativas. O incendio ocasionou unha pequena explosión que serviu de escusa para activar o plan de evacuación iniciado polo conserxe, quen procedeu a mobilizar o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre. Cabe destacar que os alumnos non foron conscientes en ningún momento de que era un simulacro ata que finalizou a evacuación. En menos de 3 minutos dende o sinal de alarma, evacuaron o centro 76 alumnos, docentes e conserxes, que se mantiveron, no punto de reunión fixado ata o final da emerxencia. O camión motoboma do Servizo Municipal con tres efectivos procederon a rescatar un alumno que quedara inconsciente na aula afectada, ao mesmo tempo que o equipo de extinción procedeu a apagar o suposto lume para a continuación logo de feitas as oportunas medicións, proceder a ventilar as aulas. Aos 20 minutos de iniciarse o simulacro, este deuse por concluído despois de ser informada a directora da emerxencia, da situación en que quedaban as instalacións unha vez ventiladas a aula e corredor afectados pola inundación de fume simulado para esta ocasión. Este simulacro foi organizado pola Axencia de Desenvolvemento e Emprego en colaboración co Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.