Monday 12 de October de 2026

O Concello de Oleiros organiza o vindeiro sábado 24 de outubro unha ruta pola Costa da Morte, onde gozar do solpor máis occidental da península


O vindeiro sábado 24 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas cun prezo público de 23 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal a partir do martes 13 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A ruta parte da praia de Nemiña seguindo a costa cara ao norte ata o faro de Touriñán, atravesando unha paisaxe agreste e natural. Durante o percorrido visitaranse puntos de interese como Ría de Lires, Vaosilveira, areal de Nemiña, ZEC Costa da Morte, aldea de Touriñán, monte de Sombelo, praia de Moreiras, cabo e faro de Touriñán; para rematar cunha visita cultural ao faro máis occidental de Galicia e da España peninsular para gozar do serán.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Deja un comentario