A Casa da Mocidade de Ribeira acollerá nos meses de outubro e novembro seis sesiónsformativas baixo o lema «Non é roupa vella, é un proxecto esperando comezar» Ribeira, 5 de outubro de 2026
O Concello da Ribeira pon en marcha neste mes de outubro un ciclo de obradoiros decostura creativa e upcycling téxtil para achegar á veciñanza ferramentas prácticas co findealongar a vida útil do noso armario e transformar a nosa relación coa moda a través dodeseño circular. A proposta parte dunha idea sinxela: a peza máis sustentable é a que xa temos. Fronteaunha industria da moda que figura entre as máis contaminantes e a uns millóns de toneladasde téxtiles que se desbotan cada ano aínda con vida útil, os obradoiros apostan polaeconomía circular: reparar, transformar e re-imaxinar. Tres sesións para adultos: iniciación á costura
O ciclo comeza o vindeiro xoves 22 de outubro cun obradoiro de 2,5 horas pensado paraquen quere perder o medo á agulla e gañar autonomía co costureiro:
Xoves 22 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Primeiros pasos na costura». Coñecemento das ferramentas básicas, como enfiar a agulla, facer nós de remateepracticar as puntadas fundamentais (hilván, punto atrás e sobrehilado). Cadaparticipante elaborará un mostrario de puntadas físico que servirá de guía deconsulta.
Martes 27 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Aprende a reparar». Como coser distintos tipos de botóns, colocar corchetes e realizar reparacións e reforzos decosturas, para evitar que unha peza remate no lixo por un pequeno estrago quesepode amañar facilmente.
Mércores 28 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Baixos e acabados».
Tomademedidas, marcado e alfinetado, baixo sinxelo e baixo invisible, con técnicasespecíficas para o groso do tecido vaqueiro. Cada participante axustará o baixodunha peza propia traída da casa. Tres sesións para nenos/as de entre 6 e 12 anos: customización da roupa
Xoves 22 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Customiza a túa roupa». Converter
unha peza esquecida nunha xoia exclusiva, explorando a autoexpresión eoconsumo responsable.
Martes 27 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Monicreques de Upcycling». Concalcetíns que quedaron orfos, as crianzas crearán o seu propio monicreque, ao quelle poñerán nome, superpoder e voz, e ao que darán vida cunha historia teatral propia. Trabállase a motricidade fina, a expresión oral e a conciencia ambiental, paraque os máis novos entendan que o «lixo» de hoxe pode ser o recurso de mañá.
Mércores 28 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Crea a túa tote bag». Tranformar un pantalón denim en desuso nunha bolsa resistente e funcional, aproveitandoelementos orixinais como petos e costuras.
Con esta programación o Concello busca achegar a formación á cidadanía e fomentar hábitos de consumo responsable e reutilización. Estas actuacións van dirixidas a incrementar a coeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola UniónEuropea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 . Cero residuos téxtiles, máxima creatividade
Estes obradoiros seguen o ciclo de vida do armario: avaliar o estado da roupa, intervir paracoser e reparar, re-imaxinar mediante a personalización e, cando a peza orixinal xa nonserve, dar lugar a unha completa «reencarnación» do tecido. Como resume o lema daentidade, «a moda máis sustentable non é a que se merca, senón a que se transforma»



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.