Friday 09 de October de 2026

O BNG de Compostela apoia o acto de SOS Sanidade Pública do vindeiro sábado 10 de outubro


O BNG confirma o seu apoio e asistencia ao acto que a Plataforma SOS Sanidade Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co Movemento Galego de Saúde Mental e coa Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, realizará en relación co Día da Saúde Mental, que se celebra a nivel internacional o día 10 de outubro desde o ano 1992. Unha realidade, a da saúde mental, na que malia ter avanzado enormemente nos últimos anos aínda é preciso concienciar á sociedade e facer unha análise. Por isto, este ano a data pretende pór o foco na perspectiva de como afectan a realidade laboral e os dereitos das persoas traballadoras á saúde mental.
O acto, que se levará a cabo na praza do Toural ás 11 da mañá do día 10 de outubro, consistirá nunha mesa de debate baixo o título “Saúde Mental e Traballo”. Tras rematar o debate, ás 12:30h, o escritor Suso de Toro procederá á lectura do Manifesto nun Acto Nacional, desde a propia praza do Toural. En caso de choiva, o acto será no CSC do Castiñeiriño, co mesmo horario e programación.

Deja un comentario