Saturday 16 de November de 2024

A Fieiteira acollerá este sábado o Campionato Galego de Fútbol Oito Alevín


Atlético Riveira e outros sete equipos disputarán a competición

O Complexo Deportivo da Fieiteira vai ser escenario este sábado 21 da celebración da final do Campionato Galego Alevín de Fútbol 8.

Para explicar os detalles dun acontecemento deportivo que pode ter lugar no noso municipio grazas ao interese do Atlético Riveira compareceron na Casa do Concello o presidente deste club, Juan Fungueiriño (acompañábao o directivo Antonio Sieira), o delegado en Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castiñeiras, e o alcalde Manuel Ruiz.

Oito serán os equipos que se medirán no campo de céspede artificial a partir das 10.30 horas e estarán divididos en dous grupos: no grupo A, Deportivo da Coruña, Atlético Riveira, Escola Deportiva Lalín e Club Deportivo Calasanz; e no grupo B, Vitoria Fútbol Club de Santiago, Escola Deportivo de Boiro, Racing San Pedro e Imperator.

De cada un dos grupos sairán dous seleccionados que se medirán primeiro dun contra segundo do outro. A final está programada para as 18.20 horas.

En total está previsto que xoguen arredor de 120 pequenos deportistas.

Prebenxamín
Doutro lado, Juan Fungueiriño aproveitou a presentación para informar de que este mesmo sábado o equipo prebenxamín viaxará ata Arzúa para disputar a fase final tras proclamarse campión de liga. Formará parte do grupo B, no que tamén estarán Escola Estrada, Racing de Ferrol e Santirso. No outro grupo participan Santiago, Xaias, Porto Burela e Luis Calvo Sanz.