Monday 05 de October de 2026

En apoio ao persoal do Concello de Cambre e por un acordo que permita avanzar


Alternativa traslada o seu apoio ao persoal do Concello de Cambre e ás súas lexítimas reivindicacións.

O grupo considera que as peticións do persoal teñen que ser escoitadas e abordadas con vontade de diálogo e seriedade.

O conflicto laboral no solo afecta ao persoal, senon que está a repercutir no funcionamento municipal e, por tanto, na cidadanía. Por iso dende Alternativa insisitimos tanto á representación dos traballadores como ao goberno municipal para que prioricen o entendemento, evitando que as diferenzas entre as partes dificulten a procura dun acordo

Resulta necesaria unha dotación adecuada tanto dos medios económicos e materiais, como dunha organización do traballo que permita evitar duplicidades e cargas excesivas.

Para favorecer un acordo é necesario recuperar o diálogo, sentarse a negociar con vontade construtiva e buscar solucións que permitan avanzar na mellora das condicións laborais e modernización da función pública. Ao mesmo tempo que se garante un mellor funcionamento dos servizos públicos municipais.

Alternativa matiza que apoiar ás reivindicacións do persoal é compatible con reclamar a responsabilidade de ambas partes. A veciñanza precisa que se chegue a un entendementoe non que o conflito se enquiste en perdure repercutindo no funcionamento dos servizos públicos municipais.

Deja un comentario