Monday 05 de October de 2026

A exposición conxunta Camiño da arte amosa no ribeirense Lustres Rivas o talento de creadores barbanzáns


 Nesta quinta edición participan 20 artistas con 37 obras

O Centro Cultural Lustres Rivas dá a benvida a unha nova exposición conxunta que reflexa o talento de 20 artistas de Ribeira e da contorna a través de 37 obras. A quinta edición da mostra Camiño da arte chega á dita instalación municipal a partir do venres, 9 de outubro; data na que terá lugar o acto inaugural ás 20.00 horas.

A temática é variada, con presenza de óleos, acrílicos, acuarelas, pasteis ou, incluso, vidro, entre outros; un exemplo da heteroxeneidade do grupo de creadores.

Trátase dunha exposición que comezou no 2021 celebrándose nos comercios e que pasou a ser de carácter bianual e levarse exclusivamente ao Lustres Rivas: no 2021 e 2022 estivo nos establecementos, mentres que no 2023 e 2024 permaneceu simultaneamente en locais e nas referidas dependencias culturais.

O Concello de Ribeira editou un catálogo, con 300 exemplares, que se entregarán como agasallo ao público asistente á apertura, así como aos propios artistas.

Deja un comentario