Este vindeiro domingo, 22 de maio, o concello de Ordes acollerá a III Exhibición de Ximnasia Rítmica, a cal terá lugar no pavillón Castelao I a partir das 12 horas. En total participarán 120 ximnastas procedentes das escolas, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, provintes das escolas de Ordes, Carral, Abegondo, Oza dos Ríos e Cesura. As modalidades para esta edición serán: pelota, mans libres, aro e cinta. Esta iniciativa é grazas á colaboración conxunta do Concello de Ordes e Adestra.