Thursday 01 de October de 2026

Unha nova aberración paisaxista en Bastiagueiro


O Lidl desentoa nunha zona idílica.

O Partido Popular de Olerios realizou unha enquisa a través de diferentes medios sociais para coñecer a opinión dos veciños sobre a construción dun establecemento da cadea Lidl nas proximidades da rotonda de Bastiagueiro, xunto ao monumento ao Che, nunha contorna de especial valor paisaxístico e ambiental.

A pregunta exposta ofrecía dúas posibilidades: considerar esta nova cosntrucción “unha aberración!” ou “un acerto”. O resultado foi contundente: o 89% dos participantes considera qu ese trata dunha aberración, fronte ao 11% que o considera un acerto.

Desde o Partido Popular sinalan que os comentarios recibidos reflicten unha preocupación que vai moito máis alá da propia instalación comercial e que pon o foco, fundamentalmente, no impacto que esta construción terá sobre unha contorna que hata agora mantiña unhas características paisaxísticas singulares.

Entre as opinións recollidas se encuentr ao referencia ao desentrono absoluto que provoca a edificaicón e á creación dunha nova barreira visual, especialmente perceptible desde o alto de Perillo, que afecta as vistas sobre a zona de Nirvana. Algúns participantes pregúntanse directamente se “non había outro sitio” onde situar unha construción destas características sen alterar de xeito tan evidente a imaxe de Bastiagueiro.

O Partido Popular considera que a cuestión non pode analizarse unicamente desde a perspectiva de implantación dunha nova actividade comercial, senón que debe terse en conta o efecto acumulativo que están a ter as novas construcións e equipamentos sobre esta zona de Oleiros.

Neste sentido, outro dos aspectos que máis se repite entre as opinións recollidas é a preocupación polo incremento do tráfico rodado qu epuede xerar a concentración de novas actividades na contorna. Bastiaguiero constitúe un dos principais accesos cara a Coruña e conta cunha infraestrutura viaria limitada, cun único carril de circulación en cada sentido, polo que calquera incremento sigunificativo dos desprazamentos pode terminar condicionado aínda máis a mobilidade.

A xuízo do Partido Popular, esta situación adquire especial relevancia se se ten en conta que, alén do novo establecemento comercial, na contorna atópanse xa as instalacioned do INEF e outro equipamentos deportios, ao que se suma o Multiusos de Bastiagueiro, cuxa entrada en funcionamento supoñerá previsiblemente un novo incremento dos desprazamentos cara a esta zona.
“Non se trata de estar en contra dunha actividade comercial, senón de preguntarnos se este é o lugar adecuado para instalala e que modelo de desenvolvemento queremos para Bastiagueiro”, sinala o Partido Popualr de Oleiros.

Os populares consideran que a planificaicón urbanística debe ter en conta non só a posibilidade de sontruir, senón tamén o impacto paisaxístico, ambiental, urbanístico e sobre a mobilidade que xeran as distintas acutaicones cando se concentran nun mesmo espazo.
Para o Partido Popular, Bastiagueiro é unha das zonas máis singuales de Oleiros e merece unha planificaicón que preserve os seus valores e evite que a acumulación de novas edificacións e actividades temine por transformar completamente a súa fisionomía.

O resultado da encuenta. Conclúen os populares, evidencia que a percepción maioritaria entre quen participou é que a implantaicón deste novo establecemento non mellora a contorna, senón qu esupone unha nova agresión á o aimagen dunha zona que debería ser obxecto dunha especial protección e coidado por parte do Concello.