Thursday 01 de October de 2026

Visita interpretativa muíño do Carrizo


A visita interpretativa ao muíño do Carrizo non decepcionou, e unha vez máis deixou un boísimo sabor de boca. Cubría o medio centenar de prazas ofertadas en apenas unha xornada, e esta mañá partía da área recreativa de Maciñeira guiada por Xavier Pujol, educador ambiental e propietario das instalacións, que por segundo ano consecutivo actuaba de cicerone nun percorrido onde falou, longo e tendido, da fauna e flora da zona, e sobre todo, das costumes e usos ligados ao río. Grazas a el e á súa dona, Manuela Calderón, a veciñanza puido adentrarse un ano máis nesta magnífica propiedade do século XIX hoxe en proceso de recuperación e posta en valor. A visita concluía coa degustación de empanadas e proia das tres panaderías participantes na Festa do Pan de Neda: La Gallega, Panificadora Germán e Paca Castro. Con ela, inaugúrase formalmente a programación da festa, declarada de Interese Turístico de Galicia. Un programa que continuará esta noite, a partir das 21:30 horas, cunha nova edición de Noite de Bolos no paseo marítimo.