Thursday 01 de October de 2026

O modelo político de Oleiros, exemplo de referencia para a Universidade de Santiago


O modelo político transformador de Oleiros será un dos eixos do Foro Territorios que lideran que organiza a Universidade de Santiago de Compostela a próxima semana. Representantes municipais –entre os que estará o alcalde Ángel García Seoane-, responsables públicos e profesionais técnicos de distintas administracións debaterán sobre o futuro dos gobernos locais.

O alcalde explicará a política desenvolvida durante os últimos 48 anos polo Goberno municipal, mediante a que se logrou unha transformación profunda do territorio baseada na planificación urbanística, a defensa do espazo público, a protección ambiental e a creación dunha ampla rede de equipamentos e servizos públicos. O singular modelo político desenvolvido polo Goberno municipal segue a suscitar admiración e interese xa non só noutros territorios do Estado español, senón tamén en moitos outros países do mundo. Importantes medios de comunicación de Colombia, Arxentina, Uruguai, Bielorrusia, Portugal, Cuba, Chile, Estados Unidos, México… fixéronse eco nos últimos meses de distintas informacións relacionadas con iniciativas do Concello.

Deja un comentario