Thursday 01 de October de 2026

O BNG de Teo presenta unha moción en apoio á transferencia e gratuidade da AP-9 que é rexeitada polo PP.


O grupo municipal do BNG de Teo presentou durante a celebración do pleno municipal, que tivo lugar no día de onte, unha moción en apoio á transferencia e á gratuidade da autoestrada AP-9.

Que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

A adopción de acordos propostos polo Grupo municipal do BNG o resto da corporación son os seguintes:

Instar ao goberno galego que apoie a transferencia da AP-9 a Galiza, de maneira que se poida efectivizar no prazo máis breve posible, garantindo tal como recolle o texto aprobado que sexa o goberno central quen asuma todas as consecuencias derivadas das decisións que adoptou no tempo en que tivo a titularidade e a xestión da autoestrada.

Instar ao goberno central a revisión e anulación de oficio da prórroga de 25 anos da concesión da AP-9, atendendo aos argumentos feitos públicos pola Comisión Europea que establece que a citada prórroga contravén a normativa europea de servizos.

Deja un comentario