Os nenos e nenas de Ordes desfrutaron dunha xornada de conciliación levada a cabo polo Concello e a escola ConTalento. Concretamente desenvolveuse ao longo do pasado luns, 16 de maio, día no que os centros escolares permaneceron pechados con motivo do Día das Letras Galegas. Xincanas, xogos e cociña foron os principais entretementos para os participantes desta iniciativa, que tamén contou co financiamento da Deputación da Coruña.