Rematan por fin as obras de construción da glorieta de Xuvia, unha intervención reclamada no seu día polo Concello co obxectivo de mellorar a fluidez do tráfico e reforzar a seguridade viaria na intersección entre as estradas autonómicas AC-862 e AC-115. A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde de Neda, Ángel Alvariño, acompañados por outros representantes municipais, supervisaron esta mañá os traballos nos que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investiu ao redor de 405.000 euros.
As obras, coas que a veciñanza tivo que convivir durante máis dun ano, permitiron eliminar a regulación semafórica no cruce, optimizar o entronque co camiño da Bacela, e construír un novo treito de beirarrúa no Portazgo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.