Tuesday 29 de September de 2026

EOI Carballo


A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo mantén aberto ata o 18 de setembro o prazo de matrícula para o novo curso, cunha ampla oferta formativa que permite tanto iniciarse na aprendizaxe dun idioma como continuar avanzando ata niveis superiores.
A oferta da EOI de Carballo abrangue alemán, francés, inglés e español como lingua estranxeira, con diferentes niveis adaptados aos coñecementos previos do alumnado.

En concreto, para este curso ofértanse:
Alemán: A1 e B1.1
Francés: desde A1 ata B2.2, ademais de cursos de conversa nos niveis B1 e B2
Inglés: desde A1 ata C2
Español como lingua estranxeira: A2

A variedade de niveis permite acceder á EOI, que ten a súa sede no Pazo da Cultura, tanto a persoas que queren achegarse por primeira vez a unha nova lingua como a alumnado que xa conta con coñecementos previos e quere seguir progresando ou perfeccionar as súas competencias.

No caso do francés, a programación complétase ademais cos cursos de conversa B1 e B2, orientados especialmente a mellorar a expresión e a interacción oral.

A formación nas escolas oficiais de idiomas permite adquirir e acreditar competencias lingüísticas dentro do sistema público de ensino, cunha oferta especialmente interesante tanto para estudantes como para persoas adultas que precisan idiomas por razóns profesionais, académicas, de mobilidade ou simplemente por interese persoal.

Desde a EOI de Carballo anímase ás persoas interesadas a consultar a oferta dispoñible e formalizar a matrícula antes do 18 de setembro.