Tuesday 29 de September de 2026

Atropelo e choque en cadea en Guísamo


Hoxe, venres 4 de setembro, ao redor das 10.30 horas, produciuse un atropelo con ferido leve en Guísamo, á altura da Panadería Panor, no km 579. Como consecuencia do atropelo tamén houbo unha colisión en cadea con tres vehículos implicados, cunha ferida leve. Ambas as persoas feridas foron trasladadas ao CHUAC. Producíronse retencións considerables e a esta hora o tráfico xa está restablecido.

Ata o lugar do incidente desprazouse Protección Civil de Bergondo, 061, bombeiros do Consorcio Provincial e Guardia Civil de Tráfico.