Co gallo da conmemoración do Día internacional de concienciación sobre o desperdicio de alimentos (29 de setembro), o Concello de Neda inaugura na biblioteca municipal a exposición “Compra saudable e sustentable”. A mostra divulgativa da UDC explora a relación entre os alimentos que consumimos e a nosa saúde e a do planeta, e apunta claves para un consumo máis consciente.
A través de distintos paneis informativos, a exposición, que poderá visitarse durante nas próximas semanas na biblioteca, pon o foco naquelas cuestións que poden contribuír a que a nosa cesta da compra sexa máis sostible.
Así, esta mostra, resultado da colaboración entre a Oficina de medio ambiente da UDC, a UDC Saudable e Nutriciona, analiza polo miúdo o problema dos desperdicios alimentarios, consecuencia tanto dos malos hábitos de compra e de consumo como da mala xestión e manipulación dos alimentos no fogar, e recolle consellos para a axeitada conservación.
A exposición “Compra saudable e sustentable” aborda ademais o impacto que teñen na pegada ecolóxica relacionada coa alimentación tanto a orixe do que mercamos, como os envases ou a citada conservación dos alimentos, incidindo no que cada que quen pode facer para reducila.
O Concello anima ao conxunto da veciñanza a visitar a mostra, que permanecerá na vila ata o vindeiro 16 de outubro. Poderá visitarse no horario habitual da biblioteca, é dicir, de luns a venres, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.