Monday 28 de September de 2026

A V Romaría do Mosteiro reúne a veciños e visitantes para celebrar os 900 anos do cenobio


A V Romaría do Mosteiro reúne este domingo a veciños e visitantes no Mosteiro de San Salvador de Bergondo para conmemorar o 900 aniversario da fundación do cenobio. A xornada comezou coa celebración da misa e continuou coa sesión vermú e o xantar popular, que congregou a numerosos participantes.

A programación continuará esta tarde cunha actuación de Mar Rodríguez, unha festa infantil e o concerto de jazz de Yolema Fernández Trío.

A romaría está organizada pola UPA Bergondo, co apoio do Concello de Bergondo e a colaboración de Aniniproject e a Asociación Tantakuy.

Deja un comentario