Friday 22 de November de 2024

Este mércores arranca en Montaos o ciclo de charlas informativas sobre o PXOM organizadas polo Concello


Ordes, Santa Cruz de Montaos e O Mesón do Vento serán as localidades onde terán lugar os encontros coa veciñanza para informarlle e solventar as dúbidas que se presenten

Este vindeiro mércores, 18 de maio, terá lugar en Santa Cruz de Montaos a primeira das charlas informativas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal organizadas polo Concello de Ordes. O lugar escollido é o hotel Santa Cruz. A seguinte das citas será na casa da cultura de Ordes o 23 de maio, pechándose o ciclo o 24 de maio na aula situada na nave de gando de Mesón do Vento. En todos os casos a hora de inicio está posta para as 20.30 horas, sendo o acceso libre para todas e todos os que queiran acudir.
Os encargados de aportar toda a información e datos referentes á elaboración do PXOM será os mesmos membros do equipo redactor. Tamén eles estarán a disposición dos veciños e veciñas para resolver calquera dúbida. Con todo isto o Concello pretende facilitarlle á veciñanza o coñecemento de cara ás dúbidas ou posibles alegacións no periodo de consultas do PXOM, o cal remata o día 30 deste mes.