Reporteiros sen Fronteiras distinguiu o Concello de Oleiros como “entidade aliada pola liberdade de prensa” polas “iniciativas en prol da liberdade de prensa e información”. Entre outras, destacan a defensa pública do xornalismo independente e do papel dos medios de comunicación libres no mantemento da democracia ou o acollemento de mulleres xornalistas defensoras dos dereitos humanos, ameazadas de morte nos seus países de orixe.
Recentemente tamén, o Concello de Oleiros colaborou con Reporteiros Sen Fronteiras no primeiro ciclo ImPRESScindibles, que está a organizarse por todo o territorio español. Con esta actividade celebrada a principios de setembro nas Torres de Santa Cruz, Reporteiros Sen Fronteiras puido recadar 4.111 euros que serán destinados á adquisición de chalecos e cascos para protexer a mulleres xornalistas que traballan informando en territorios onde existen conflitos armados.

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.