Friday 25 de September de 2026

Cambre inicia o curso cos deberes pendentes


Alternativa reclama atender as actuacións pendentes nos centros educativos.

O inicio do curso escolar volve poñer sobre a mesa as actuacións pendentes anunciadas pola Xunta de Galicia e o Concello antes do verán.

O alumnado volve padecer as consecuencias das actuacións pendentes para solucionar problemas de saneamento, adecuación de aseos, reparación de accesos e outras intervencións de conservación e seguridade nos diferentes centros escolares.

Óxido nas griferías dos lavamans, un barracón como comedor, fachadas descolgadas, ventás que corre o aire ou patios cementados son o día a día da xuventude de Cambre.

Porén, dende o concello, tampouco se atende con axilidade as cuestións que forman parte das súas competencias, como mantemenntod de xardinería, pequenos arranxos ou as necesidades de persoal das conserxerías.

Alternativa tamén recorda que leva máis de dous cursos sen convocar o Consello Escolar Municipal de Cambre, un órgano de participación para abordar estas necesidades de centros, alumnado e profesorado.

Neste contexto, Alternativa apoiou a moción de UxC para reclamar melloras e obras nos
colexios públicos de Cambre ademáis de esixir explicacións sobre as liñas de traballo que está a seguir o Goberno Municipal para atender as cuestións dos distintos centros para este curso.

Deja un comentario