O Concello está a executar as obras de asfaltado dun tramo da rúa Areosa, en Maianca. Unha actuación que conta cun investimento de 114.445,79 euros.
Esta obra responde a unha demanda veciñal. A actuación prevista consiste na pavimentación do camiño en toda a súa superficie mediante unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente, executaranse sumidoiros nos puntos nos que sexa preciso, canalizando as augas pluviais e naqueles tramos máis estreitos do camiño procederase ao entubado das cunetas e á instalación de sinalización viaria.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.