Despois de cotexar o seu estado, procedeuse a dar traslado a Telefónica
O Concello de Ribeira traballa xa na reposición do poste nas inmediacións do colexio de Aguiño despois de recibir aviso dun veciño durante a fin de semana. A Administración local deu traslado da situación neste luns e onte foise cotexar o estado do mesmo e procedeuse a dar traslado xa a Telefónica para que procedan coa renovación.



