Wednesday 23 de September de 2026

O Concello de Outes adhírese formalmente ao novo proxecto de atención aos maiores aprobado polo Consello da Xunta


O Goberno municipal formaliza o trámite para axilizar a posta a disposición dos terreos e cumprir cos prazos esixidos polo Goberno autonómico

A infraestrutura garantirá que, como mínimo, o 60% das prazas sexan de titularidade pública autonómica

O Concello de Outes deu un paso definitivo para a materialización do futuro centro residencial para a atención da terceira idade no municipio. O Goberno local vén de formalizar a súa adhesión oficial ao novo proxecto de atención aos maiores aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, un trámite indispensable para iniciar formalmente as actuacións e os procedementos administrativos necesarios.
Esta adhesión ratifica a elección de Outes como un dos municipios de referencia na zona de Noia e Barbanza para albergar este servizo asistencial de proximidade.

Disponibilidade inmediata de solo
Grazas á planificación urbanística previa e á xestión previsora do Goberno local na reserva de parcelas operativas, o Concello xa dispón do solo necesario para cumprir de forma inmediata cos prazos de posta a disposición dos terreos esixidos pola administración autonómica. Este factor resulta clave para evitar retrasos e axilizar o inicio das obras.

Garantía pública e motor económico
O proxecto destaca polo seu marcado carácter social, xa que o plan autonómico establece que, como mínimo, o 60% das prazas do novo centro residencial serán de titularidade pública autonómica.
Ademais de garantir un coidado de calidade e proximidade para os nosos maiores, a construción e posta en marcha desta infraestrutura actuará como un importante motor de dinamización económica para Outes, xerando emprego directo e indirecto e fixando poboación no territorio.
O Goberno municipal amosa a súa máxima satisfacción ante a formalización deste logro estratéxico, que supón un avance histórico no reforzo do benestar social e da estrutura de servizos públicos do concello.

Deja un comentario